Declaración de Vigo Histórico en relación a presentación do recurso ante o ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia

A "Asociación Viguesa pola Defensa do Patrimonio Histórico" e mais o movemento #VigoHistorico explican aos medios as motivacións que nos levaron á presentación dun recurso ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia contra o proxecto de soterramento do tráfico da Porta do Sol mediante a construcción dun túnel baixo a rúa Elduayen dende Policarpo Sanz ao Paseo de Alfonso.

 A principios de Maio os veciños por medios indirectos comezan a ser conscientes dos detalles do proxecto e piden formalmente xuntanzas co Concello para obter información. Ante as demandas de xuntanzas, a corporación municipal admite dúas reunións individuais en Xuño, e cinco en Setembro (coa obra xa tramitada). Como non se deron respostas as nosas inquedanzas nas reunións, e non atopamos intención de diálogo nin de considerar outras alternativas por parte do Concello, a veciñanza recurriu ao asesoramento legal.

Analizado a fondo o proxecto, puxéronse de manifesto importantísimas eivas na concepción e deseño do túnel que fixemos chegar ao Concello por escrito. O Concello non quixo escoitar as nosas razons.

Como cidadáns, ante un proxecto que consideramos altamente lesivo para Vigo, topámonos en completo desamparo por parte da administración municipal e vémonos obrigados a poñer un recurso (que, non esquezamos, tamén é un procedemento democrático), ante a falta de vontade de escoitarnos por parte do concello. Semella que o Concello cré que a participación cidadá en Vigo debe reducirse á defensa legal, a acudir as instancias xurídicas.

As eivas que atopamos no proxecto e que forman parte do recurso ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia podense resumir nos seguintes pontos:

 O proxecto non reflicte a realidade do subsolo da rúa.

 Os edificios de Elduayen foron feitos a finais do século XIX, están asentados na rocha da antiga colina e as suas cementacions e construccións penetran no subsolo da rúa. Análises topográficos feitos por profesionais demostran que hai interferencia do túnel con estas estructuras, afectando a propiedades de titulares e arrendatarios dos inmobles e poñendo en perigo o patrimonio cultural da cidade. Non esquezamos que estes edificios están amparados pola declaración BIC e son de interese cultural.

Tanto a decisión do Concello do 3 Maio de aprobar a obra, como a decisión de adxudicación baseanse nuns plans que non son reais e antes de que se produzan danos irreparables, pedimos que se suspenda o proxecto do túnel.

O proxecto non se axusta ao PEPRI.

 O Pepri establece a Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso como un conxunto único, de tráfico en superficie e no que debe primar o uso peonil. Non prevé a construcción dun túnel. Si agora o considerara necesario, o Concello tiña que ter feito unha modificación puntual do Pepri. E non o fixo. Polo tanto o proxecto vai en contra do establecido no Pepri, que é o marco regulatorio que se debe respectar.

Ademáis, Según a lei 5/2006, os concellos teñen a obriga de aprobar un novo planeamento dos BIC nos que teñen competencias, que é o caso de Elduayen por ser Casco Vello. A lei impon a obriga de facer un plan especial para adaptarse ao novo espazo normativo da lei de patrimonio.

O proxecto vulnera o Artigo 28 da ley 9/2017 sobre contratación das administracións públicas porque non cumple o requisito de xustificación da necesidade dunha obra de esta envergadura.

 No proxecto non se indica a necesidade concreta e xustificación específica da obra, mais alá de afirmacións xenéricas. A lei establece como obrigatorio que se xustifique a necesidade concreta da obra (e polo tanto do investimento) en proxectos coma este. Tamén debemos sinalar que outros requisitos da lei non se cumplen, pois non se informou á veciñanza, non tivo a requerida exposición pública e non se informou directamente aos afectados. Publicar na páxina web do concello non é o procedemento.

 Semella que o proxecto tramitouse como un cambio de pavimentación (unha humanización máis) e non como unha infraestructura de transporte e comunicacións de gran impacto que é o que é.

Co túnel, Vigo fai a transición ecolóxica, pero no sentido contrario.

 A axenda europea 2030, os Planes de Movilidade Urbana Sostible da UE, e o propio anteproxecto de lei de transición Ecolóxica do goberno Sanchez (que acabará aplicandose seguramente, sexa cal sexa o resultado do 10N, debido aos acordos de París) todas elas van no sentido de redución de emisións. De feito, haberá limitacións de entrada de vehiculos contaminantes nos centros das cidades. Por outra banda, os Fondos FEDER cos que se financia a obra, teñen como obxectivo mellorar a movilidade sostible e a redución de emisións.

En Vigo, pola contra, imos construir un túnel que vai manter, ou mesmo incrementar, o tráfico a través da zona histórica da cidade. ¿Reduce as emisions construir un túnel que fomenta o uso do vehiculo propio? Nós cremos que non.

Antes de facer unha peonalización con túnel, hai que buscar alternativas sostibles.

 Estimamos que unha obra coma esta non debe ser producto da improvisación senon que se debe facer co consenso máis amplo dos actores implicados, sobre todo dos veciños da cidade. E desde logo antes de acometer unha obra de este impacto, debense analizar as  alternativas de peonalizacion posibles. Ademáis, neste momento a renovación da concesión de transporte urbano abre novas posibilidades que non se están a explorar. Hai que afondar máis en infraestructuras para personas, como o Vigo Vertical, e menos en infraestructuras orientadas ao tráfico, como un túnel.

 Estimamos que hai alternativas, sempre que haxa vontade de atopalas.

 VigoHistorico considera que a peonalizacion non debe ser so ornamental. Pensamos que unha solución completamente peonil entre Paseo Alfonso e Porta do Sol é moito mellor para a cidade, e cremos que hai alternativas, por eso queremos promover o necesario debate na cidadanía.

A nosa idea de mobilidade, que presentaremos próximamente, vai mais alá de desviar algunhas liñas de bus. Pensamos que hai que cambiar o concepto de mobilidade en Vigo e adaptalo aos PMUS da Unión Europea. No caso concreto do eixo Porta do Sol- Elduayen- Paseo de Alfonso, debería basearse nos seguintes peares:

  1. Evitar que Elduayen siga a ser un eixo central do transporte en Vigo . É unha rúa do Casco Vello, e se o transporte da cidade depende dela, algo estamos facendo mal dende hai décadas.
  2. Implantación dunha peonalización progresiva . Reducindo o tráfico de forma suave. Primeiro vehículos particulares e ao último os medios de transporte público de forma escalada, sen incomodidades para a poboación, e sen supresión de paradas.
  3. Convertir Paseo de Alfonso, Elduayen e Porta do sol nunha plataforma de uso flexible e múltiple, permitindo diversas utilizacións en función do que decida o Concello. Unha especie de Vigo Central flexible. Este sería o paso previo a peonización total.

Facer peonil a Porta do Sol é un punto de inflexión en Vigo. Según como se faga supón seguir orientando a cidade ao tráfico de coches, ou modernizala para orientala ás persoas e mais ao transporte non contaminante. Os veciños agrupados no movemento VigoHistórico non somos cidadáns anti obras ou anti progreso. Xusto o contrario: exercemos os nosos dereitos para verificar que todo se fai acorde coa lexislación vixente, e propoñemos unha solución alternativa, moderna, sostible, atractiva e viable. Non defendemos privilexios que non temos. Pedimos unha peonizacion mellor

Grazas por escoitarnos.

VigoHistorico é un movemento constructivo. Non busca a confrontación co Concello. Busca a apertura do debate entre a sociedade (e as administracións) para buscar a mellor solución para Vigo, que non é a construción dun túnel. E os medios de comunicación son un foro imprescindible para o debate.


 Descargas

 

Axuda a  mellorar  Vigo

Pensamos que o proxecto de peonalización da Porta do Sol pode sacrificar a paixase do Vigo Central en lugares como Policarpo Sanz, a Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso e afear o Vigo Histórico.

Por ese motivo, despóis de estudar con rigor o o tema da peonalización, e o proxecto convidámosche a que te dirixas ao Alcalde de Vigo  en change. org solicitando a revisión e/ou cancelación do proxecto actual na intención de dar pulo a otro máis amplo e mellor concebido.