O Movemento VigoHistórico.org acorda constituírse como asociación co nome Asociación pola Defensa do Vigo Histórico

Dada a relevancia do impacto negativo que pode ter a obra do túnel baixo Policarpo Sanz, Porta do Sol e Elduayen, e a escasa disposición da nosa administración local a escoitar e considerar outra alternativa que non sexa peonizar soamente unha parte co actual proxecto, o movemento cidadán VigoHistórico.org decidiu o pasado mércores constituírse como asociación. 

A asociación "Asociación pola Defensa do Vigo Histórico"créase para poder acometer diferentes vías de actuación co fin de instar ao Concello de Vigo, de forma respectuosa e construtiva, a que recapacite e pare a licitación da obra e explore outras alternativas para conseguir unha Porta do Sol peonil.

 VigoHistorico nace co firme compromiso de axudar a esta corporación a facer un Vigo realmente mellor, habitable, e sostible.

As prioridades desta nova asociación baséanse en tres piares fundamentais:

1- Queremos un Vigo Central Ecolóxico

 As cidades deben buscar solucións alternativas e sostibles para diminuír os coches nos núcleos urbáns, e crear zonas de baixas emisións, superando infraestruturas de transporte tradicionais. Así se destaca na Axenda 2030 da ONU para o desenrolo sostible. Obxetivo 11, o Anteproxecto de Lei do cambio climático do actual goberno de España. 22/02/2019, o Plan de Mobilidade Urbana Sostible da UE, e ainda no propio Discurso do Presidente Sánchez na sesión de Investidura, 22/07/19, así como o as propostas de negociación do PSOE (punto 253),

A peonización cun túnel non reduce o tráfico, sotérrao e promóveo. Cunha peonización total, como propón VigoHistórico, estamo a unir o Casco Vello baixo e o Casco Vello alto. Deste xeito crearíase unha zona de tráfico restrinxido de baixas emisións que satisfaría todas estas declaracións permitindo tamén respirar un aire máis limpo

Se, polo contrario, faise o túnel tal como está concebido no proxecto estase condenando a cidade á unha reducción do núcleo histórico peonil irreversible, minimizando o rol de Vigo no Camiño de Santiago que nuha das súas variantes vai por Porta do Sol e Elduayen , e situando a Vigo nun contexto en  contradicción coa nova estratexia de mobilidade europea, a que se acolle o mesmo Vigo Vertical e contradecindo os obxectivos das futuras leis de desenvolvemento sostible. 

Hai alternativas de mobilidade que se deberían estudar antes que facer un túnel costosísimo, cuxo investimento poderíase empregar para modernizar a cidade cara o cambio sostible que o planeta demanda. O progreso é reducir o tráfico, non perpetualo.

2- Feismo e retroceso no valor do patrimonial de Vigo

 

Cun túnel que expulsa coches diante da Oliveira, o emblema da nosa cidade quedará moi deslucido. Tamén a Porta do Sol quedará aquelada polo feismo aportado pola boca do tunel na sua vista desde Policarpo Sanz, deslucindo a vista de edificios emblemáticos como "El Moderno" o  "Simeón" debido as ramblas.  Sen esquencer que as máis das veces os túneles son de seu xeradores de ruídos, po, lixo e contaminación.

A Rua Elduayen quedará estragada con duas bocas de tunel, con fendas de 70 metros debido ás ramblas que actuarán de muro para a mobilidade entre o casco vello alto e baixo, e bótase a perder cunhas beirarrúas  minimizadas ata o mínimo legal permitido.

O proxecto esquece que o  Paseo de Alfonso, de ser completamente peonil, sería un espazo case mellor que a Porta do Sol para disfrute da cidadanía viguesa e turistas, polas súas vistas privilexiadas e a súa orografía chá.  Pola contra, o proxecto pretende facer do mesmo unha illa fendida polo transito vial.

3- Un proxecto deficiente: os riscos nos edificios da Rua Elduayen e da propia obra

Nas reunións que o concello tivo coa veciñanza esta semana, poidemos comprobar o inquietante descoñecemento por parte do concello da situación das cimentacións e dos baixos dos edificios de Elduayen, que ou non están recollidos no proxecto, ou non coinciden coa realidade. Unha obra deste calado non se pode levar a cabo “solucionando os problemas que se vaian atopando”, xa que, aínda asumindo que a seguridade é o primeiro, como asegura o Concello, traballar deste xeito compromete o custe total e, sobre todo, os prazos de execución.

#VigoHistórico

Axuda a  mellorar  Vigo

Pensamos que o proxecto de peonalización da Porta do Sol pode sacrificar a paixase do Vigo Central en lugares como Policarpo Sanz, a Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso e afear o Vigo Histórico.

Por ese motivo, despóis de estudar con rigor o o tema da peonalización, e o proxecto convidámosche a que te dirixas ao Alcalde de Vigo  en change. org solicitando a revisión e/ou cancelación do proxecto actual na intención de dar pulo a otro máis amplo e mellor concebido.