Carteis
En Vigo Histórico reclamamos unha peonalización mais ampla que a da Porta do Sol. Queremos que o Paseo de Alfonso XII e rúa Elduayen sexan tamén peonís para unir o casco vello alto e baixo, e que non se constrúa o túnel previsto entre Policarpo Sanz e Elduayen. Entendemos que esa obra vai facer medrar o trafico, afear a contorna, dificutar o acceso ao goze do mellor balcón urbano ao mar que hai na cidade.
Para lembrar a importancia que ten o miradoiro como #MellorBalcónDoMundo, defender o seu solpor e a vista das nosas illas Cíes pedímoslle a ilustradores e debuxantes que que nos desen a súa visión deste lugar emblemático.
Velaí mostrámosvos unha escolma das obras recibidas que contempla cando menos unha obra de autor xa que hai autores que enviaron máis dunha. A todos eles moitas grazas.