Razóns para revisión ou cancelación do Túnel da Porta do Sol

Estamos a favor da peonalización pero nos disgusta o proxecto do Tunel da Porta do Sol. Queremos que a Porta do Sol, Elduayen e Paseo Alfonso sexan completamente peonís polas seguintes razóns

O proxecto non reflicte a realidade do subsolo da rúa: riscos no patrimonio protexido

Realizados a finais do século XIX e inicios do vinte, os edificios da rúa Elduayen son moi singulares na súa estrutura, debido á pendente e a asentamentos anteriores. Nalgúns caso as súas cimentacións e sotos penetran no subsolo da rúa mais alá da fachada. Análises topográficas feitos por profesionais a instancia de Vigo Historico demostran que hai interferencia do túnel con estas estruturas, afectando a propiedades de titulares e arrendatarios dos inmobles e poñendo en perigo o patrimonio cultural da cidade. Convén lembrar que estes edificios están amparados pola declaración BIC (Ben de Interes Cultural) e son de interese patrimonial e histórico. Además, existe a posibilidade de atopar  xacementos arqueolóxicos que poderían paralizar a obra indefinidamente.

Podese peonalizar mellor

Se o obxectivo é peonalizar o Vigo Central compre explorar fórmulas de éxito noutras cidades sen 18 millóns de euros nunha obra descomunal: bastaría cun simple corte de tráfico entre a Porta do Sol e o Paseo de Alfonso, e ademais desta forma duplicaríase a área peonalizada (que só cobre a Porta do Sol). Porque non se explora a peonalización integral a partir da redefinición do transporte público coa nova concesionaria, restrixindo parcialmente o tráfico.

Desvalorización do Miradoiro do Paseo de Alfonso

Lamentablemente o Paseo de Alfonso NON foi incluído na peonalización, polo que pasará a converterse no final da gran rampla de saída de vehículos do túnel. Isto vai facer medrar o tráfico pesado e o número de vehiculos que circularán polo paseo. Máis coches, máis contaminación, menos espazo urbano para o lecer nun dos lugares mais emblemáticos de Vigo: o Miradoiro do Paseo Alfonso, a mellor carta de presentación urbana disa xoia que aspira ao recoñecemento global, que son Illas Cíes

Feismo

A obra só contempla peonalizar Porta do Sol (apenas 200 metros), esnaquizando ao seu paso a imaxe da emblemática rúa Elduayen, que en lugar de estrada terá dúas xigantescas gabias ou ramplas de 7 metros de profundidade e máis de 70 metros de longo cada unha. Tamén se verá afectado a paisaxe urbana debida a entrada do túnel en Policarpo Sanz. Que vista teremos desde esta rúa do Sireno, ou de dous das construcións máis emblemáticas da cidade como "O Moderno" ou o edificio "Simeón"

Co túnel, Vigo fai a transición ecolóxica, pero no sentido contrario

Ao facilitar o tráfico rodado sen restricións a contaminación urbana aumentará considerablemente, tanto en superficie como baixo terra. Este tipo de actuacións contrastan coa medidas recomendadas con Unión Europea e as restricións legais aplicables aos centros de cidade.  A axenda europea 2030, os Planes de Movilidade Urbana Sostible da UE, e o propio anteproxecto de lei de transición Ecolóxica do goberno Sanchez (que acabará aplicandose seguramente, sexa cal sexa o resultado do 10N, debido aos acordos de París) todas elas van no sentido de redución de emisións e a limitación de vehículos no centro das cidade. 

¿Reduce as emisions construir un túnel que fomenta o uso do vehiculo propio? Nós cremos que non.

Minorización de Vigo no Camiño Portugués pola Costa

A redacción do proxecto non tomou en conta a mobilidade dos peregrinos do Camiño de Santiago que é peonil de seu e vaise ver aquelada polo tunel. O camiño vai accede desde Romil ao Paseo de Alfonso e atravesa Rúa Elduayen. Non se valora o impacto paisaxístico que van ter os camiñantes que acceden desde Romil.

Que pensarán os pergrinos despois de acceder ao miradoiro do Paseo Alfonso e a nosa Oliveira cando chegen ao túnel

Accesibilidade

As ramblas de de saida de Elduayen reducirán as beiraruas de forma moi notable e nalgúns casos ata o mínimo legal permitido esquencendo as directrices de accesibilidade da Administración do Estado, impedindo al creación de ramblas de acceso a minusválidos nos edificios históricos afastandonos dos principios que inspiran o modelo de Vigo Vertical nun proxecto disruptivo co recoñecemento de Vigo como Access City Award.

Mobilidade eventual

 Alternativas: cara a unha peonalización total Porta do Sol - Paseo Alfonso que una casco vello e alto

 

Hai moitos motivos para afirmar que a unha peonalización da Porta do Sol sen túnel é moito máis beneficiosa que con túnel:  a calidade do aire, a sostenibilidade, adiantarse a cumprimento de normativas da axenda 2030, a posta en valor do Paseo Alfonso XII e do Camiño de Santiago, o respecto a edificios BIC, evitar o efecto antiestético das ramplas, a reunificación real do Casco Vello..,

Por iso, dende VigoHistorico , pensamos que paga a pena tentalo e propoñemos unha peonalización gradual, que restrinxa primeiro os vehículos particulares e afaga , á cidadanía a usar menos o coche propio, reforze o transporte público, os  carrís bici e introduza na cidade conceptos como as” vías de espazo compartido".

A nosa proposta é converter o eixe Porta do Sol - Paseo Alfonso nunha plataforma flexible de uso múltiple, cara  a unha  peonalizar completamente da zona.

Agardamos que descargues e botes unha ollada ao documento de embaixo e que o mesmo sirva para concienciar a cidadanía viguesa sobre a conveniencia de explorar outros camiños cara a peonalización da Porta do Sol..

Descarga "Por un corazón de vigo sen novas feridas" (Alternativas cara unha peonalización da Porta do Sol)

 

 

Axuda a  mellorar  Vigo

Pensamos que o proxecto de peonalización da Porta do Sol pode sacrificar a paixase do Vigo Central en lugares como Policarpo Sanz, a Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso e afear o Vigo Histórico.

Por ese motivo, despóis de estudar con rigor o o tema da peonalización, e o proxecto convidámosche a que te dirixas ao Alcalde de Vigo  en change. org solicitando a revisión e/ou cancelación do proxecto actual na intención de dar pulo a otro máis amplo e mellor concebido.