Axúdasnos?

  • O Concello nunca escoitou as propostas de #PeonalizaciónSenTunel da Porta do Sol que prantexaron @s vexiñ@s.
  • Non quedou outra que acudir o xulgado para defender o noso barrio.
  • Os xuíces rexeitaron sen contestar e obrigannos a pagar as costas.
  • O esforzo non foi en balde. A presión cidadá salvou o Paseo de Alfonso, e será peonil.
  • Non somos señorit@s. Somos xente que sufre a crise coma o resto, e que ten que afrontar o prezo de loitar por un #VigoSenFumes que respecte a sua historia

Se queres aportar (5€, 10, 20€... toda axuda é benvida) podes facer un bizum (ONG) co codigo 05477 ou ingreso na conta ES32 2080 0552 0830 4001 4941.

Os cartos que falten teremos que poñelos @s veciñ@s. Se sobra, utilizaremolo para axudar a outros movementos cidadáns que loiten por Vigo.

Grazas!!! 

Quén somos

En datas próximas  dará comezo no centro de Vigo unha importante obra de tunelación que alterará de forma irreversible a morfoloxía do Centro de Vigo -Policarpo Sanz, Porta do Sol, Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso- afeando el Vigo Histórico.

O proxecto, concebido cunha mentalidade arcaica e en contradicción coas novas tendencias de mobilidade e baixas emisión da Unión Europea, no so afeará á cidade con enormes ramblas nas tres  bocas do tunel, senón que dificultará vida cotiá dos veciños e comerciantes da Zona vella , e o movemento de persoas -cabalga de reis...- e levantará un muro entre casco vello alto e baixo en Elduayen perxudicando a circulación de persoas con mobilidade reducida, turistas, e transportistas.

Por ese motivo, un colectivo de persoas realmente coñecedores do proxecto dirixíronse ao alcalde de vigo  a traves de changue. org solicitando que atenda unha razoada petición de revisión e/ou cancelación do proxecto do túnel que podes estudar e asinar pulsando o seguinte botón

Noticias e debate en VigoHistorico

En Vigohistorico queremos aproveitar a oportunidade que xurde coa iniciativa de peonalización da Porta do Sol e a desfeita que pode implicar o actual proxecto do tunel para xerar opinión e debate.

 Por iso, o sitio web vigohistorico.org dispón dun blogue que tenta dar cabida tanto a declaracións oficiais do noso movemento, asinadas como #VigoHistórico, como as aportacións ao debate dos seus membros ou terceiros que participen dos obxectivos da nosa asociación. 

Vigo somos tod@s

 Hai moitas maneiras de facer política hoxe en día. Vigo ten o seu particular alcalde populista Abel Caballero: alcalde que goberna con enormes aires de grandeza e superioridade, despreciando as voces discrepantes e ignorando os problemas sociais, de convivencia, e sostenibilidade da cidade. Porque Vigo somos todos e todas, e merecemos que se nos escoite.

Debaixo do paraugas de éxito mediático da cidade de Vigo durante o Nadal proxéctanse tamén moitas sombras:

1. Unha maioría absoluta non pode ser excusa para non negociar e para non atender ascríticas dos veciños e veciñas da cidade. Creemos que o Concello de Vigo debe reprantexarse que relación quere ter ca veciñanza da cidade, nunha democracia como a que vivimos, non ten cabida actuacións unilaterias que afectan o noso día a día e que non son consensuadas, consultadas ou participadas cos milleiros de persoas afectadas. Son numerosas as plataformas de afectados que naceron baixo o mandato deste alcalde e todas temos cousas en común: cando non opinamos como Abel, este vai na nosa contra. O diálogo sempre, sempre, debería estar presente. Vigo somos todos e todas.


2. Grave problema de sustentabilidade:

Vigo ten a dudosa honra de ser a cidade de España con máis vehículos por habitante, o cal fai que teña un tráfico terrible que lle otorga tamén ter o aire máis contaminado de toda Galicia e dos peores do país. Vigo ten graves problemas medioambientais e de movilidade, e dende logo non está preparada para facer fronte o cambio climático e o quecemento global que xa temos enriba. Un modelo novo de cidade é necesario onde as zonas verdes gañen espazo ó formigón, onde as árbores sexan as protagonistas fronte o ruído, onde se priorice a calidade de vida fronte a inversión privada.


Vigo somos todos e todas, e por eso estamos aquí, para que se nos escoite na rúa xa que na alcaldía fannos oídos xordos:
Como Vigo somos todos e todas, queremos un Vigo onde antes de facer infraestructuras viarias inxustificadas como o vial PO-010 que van a afectar irremediablemente o noso modo de vida, se conte con informes que avalen e xustifiquen ditas obras e ademáis que se informe os veciños de forma axeitada de que van perder as súas casas. E queremos sobre todo non máis mentiras.

Como Vigo somos todos e todas, queremos que antes de romper outra parroquia coa nova A-52 Vigo-O Porriño, se escoite a veciñanza e se pensé no patrimonio que imos perder. Porque o río Eifonso é en realidade un enclave ecolóxico senlleiro, un bosque terapeutico a protexer, como recoñece a deputación e o mesmo PXOM, que se vai estragar por mor desta autovia.
Cando está é innecesaria, ao existir xa alternativas construídas coas que distribuir o tráfico da cidade. O cal descoñecemos, igual co resto dos informes ca abalien,

Como Vigo somos todos e todas queremos un Vigo onde se teña en conta o descanso dos vigueses e viguesas que se ven abocados a sobrevivir durante o Nadal. E dicimos sobrevivir porque durante máis de dous meses teñen ruidos excesivos diante das suas casas e traballos, con serias dificultades para entrar e sair delas, con servicios sanitarios e de emerxencias que non poden garanter a seguridade e saude dos veciños e con graves problemas de sanidade e convivencia nas suas rúas.


Como Vigo somos todos e todas, queremos unha cidade onde disminúan as retencións de coches que fan medrar exponencialmente as emisions de gases nocivos. 53.000 coches nun día nunha cidade como Vigo non son datos normais e non son datos dos que mostrar orgullo. Esta situación a sufrimos toda a cidadanía viguesa.


Como Vigo somos todas e todos, esiximos que se atenda á cidadanía cando defende opatrimonio cultural e natural ante as actuacións da propia administración. O patrimonio é o que a cidadanía define como tal, e polo tanto hai que escoitala. Por exemplo cando se constrúe un túnel na zona onde hai máis restos e edificios do noso pasado: o Casco Vello ou histórico, barrio que debería permanecer inalterable no tempo, non modificado por ocorrencias actuáis. Ademáis, os 3 anos sen tráfico na porta do Sol demonstraron que é innecesario. Nos tempos de cambio climático que esixen un xiro total no modelo de movilidade, este túnel incide no modelo baseado no transporte en vehículo privado, e non ten sentido ao estar dentro da zona de baixas emisión definida polo propio Concello. En canto as árboles, son apreciadas pola cidadania, e tamén son patrimonio. Son un regulador térmico, non simples adornos. Basta de arboricidios en Vigo.


Como Vigo somos todos e todas, queremos un Vigo onde antes de cortar unha árbore porque molesta a sua ubicación, se pense no que esa árbore nos ofrece. Un Vigo onde os seus parques coma o Parque de García Picher e e xardíns da Alameda sean coidados e protexidos.


Lamentablemente o cambio climático non é unha teoria, estamolo a sufrir xa; vimos dunha vaga de calor no verán, e de unha seca a que durou ata ven entrado o outono e cunhas temperaturas non acordes as estacións nas que estamos. Frente a isto o Concello promove arboricidios, reemplazar parques cheos de arbores, terra e herba por caucho.


Como Vigo Somos Todos, os veciños e veciñas da promoción de Avantespacia-Tomás Alonso, representados en GasolinerasA100metros, queremos que non haxa gasolineiras xunto a espazos habitados, colexios e centros sanitarios. En Vigo temos unha normativa urbanística obsoleta que permite construír gasolineiras a 4 metros das vivendas o que supón riscos para a saúde. Solicitamos ao concello parar a nova gasolineira xunto as nosas vivendas e modificar a normativa municipal como xa fixeron cidades coma Barcelona, Sevilla ou Alacante. Queremos espazos verdes e non fume baixo as nosas ventás. Queremos saúde e non ambientes tóxicos.


Como Vigo somos todos e todas gustaríanos que nos se expulse á poboación empobrecida das prioridades locais, e haxa unha axenda ambiciosa e responsable socialmente coas veciñas en risco de exclusión, de senfogarismo, despexadas, prostituidas, e tanto colecticos infraatendidos.
Como Vigo somos todos e todas, queremos unha cidade onde as bandas de música non se atopen con salas de ensaio pechadas ou con actuacions policiais nos concertos. Avocados a clandestinidade. A música é cultura e a cultura debe ser promovida. Vigo somos tod@s!

Desde fai dous anos a plantillad e Vitrasa vese envolta nun conflicto pola negociación dun novo convenio que dé resposta a problemática laboral existente e que afecta a cidadania de Vigo polo nefasto servizo que esta empresa lle está a prestar a cidade; retrasos, faltas de horas de descanso, recortes de servizo, priorizando a rentabilidade económica a dar un servizo de calidade.


O titular do servizo, e polo tanto responsable final, é o Concello de Vigo, quen non so agasallou a Vitrasa 5 anos de concesión se non que, coñecendo todas estaas cuestión, permite a Vitrasa realizalas perxudicando os vigueses e viguesas

Levamos dous anos solicitamos que alcalde medie pero sempre temos a mesma resposta; O conflicto e de Vitrasa é cos seus traballadores e traballadoras, obviado a sua parte de responsabilidade.

Non se pode constuir un Vigo de costas oas veciños e veciñas.
Non se pode confundir esa maioría “absolutísima”, lexítima e democrática, cun cheque en branco. E que o exercicio desa maioría no Concello de Vigo non pode ser un rodete antidemocrático. Queremos un modelo de cidade máis habitable e sustentable, que nos teña en conta a todos e todas e non reduza a marxinalidade as multiples asociacións e colectivos, os cales temos moito que decir e aportar polo Vigo que queremos.

Informe sobre el impacto de la obra

"SOTERRAMENTO DO TRÁFICO RODADO DA PORTAL DO SOL E HUMANIZACIÓN E TRANSFORMACIÓN PEONIL DA ACTUAL REDE VIARIA”

en el patrimonio cultural de Vigo

La asociación Vigo Histórico ha iniciado diversas acciones de denuncia ante la justicia tanto contra el Ayuntamiento de Vigo como contra la Consejería de Cultura. En esas iniciativas, y complementado con lo descrito en este informe pretendemos dejar claro que tenemos muy consistentes dudas de que el proyecto STRPS sea conforme al derecho contenido en ley 5/2016 de patrimonio cultural de Galicia.

Seguiremos explorando el camino de la justicia.  Mientras tanto, queremos dar a conocer a la ciudadanía, a los expertos y a todo aquel que le interese el patrimonio cultural este conflictivo caso. La información es la base para la creación de una opinión, y aquí la presentamos.

Descargar este informe

Sentenza 00255/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do contencioso-administrativo. Sección segunda. Procedemento ordinario 4008.2021

Para o coñecemento do público en xeral e na intención de achegar unha maior transparencia aos nosos asociados e simpatizantes achegamos o pdf da sentenza 00255/2022 que desestima o recurso da nosa asociación e lembramos que:

  • O Concello nunca escoitou as propostas de #PeonalizaciónSenTunel da Porta do Sol que prantexaron @s vexiñ@s.
  • Non quedou outra que acudir o xulgado para defender o noso barrio.
  • Os xuíces rexeitaron sen contestar e obrigannos a pagar as costas.
  • O esforzo non foi en balde. A presión cidadá salvou o Paseo de Alfonso, e será peonil.
  • Non somos señorit@s. Somos xente que sufre a crise coma o resto, e que ten que afrontar o prezo de loitar por un #VigoSenFumes que respecte a sua historia

Se queres aportar (5€, 10, 20€... toda axuda é benvida) podes facer un bizum (ONG) co codigo 05477 ou ingreso na conta ES32 2080 0552 0830 4001 4941.

Os cartos que falten teremos que poñelos @s veciñ@s. Se sobra, utilizaremolo para axudar a outros movementos cidadáns que loiten por Vigo.

Grazas!!! 

 Descargar pdf

 

¡¡AYUDA a UCRANIA!!

Hoy Vigohistorico no os va a hablar del túnel,si no de Ucrania.
Fundiciones Rey de Villagarcía está llenando trailers con ayuda y Vigohistorico organiza 2 puntos de recogida,uno en Torrecedeira 89 en la tienda Recó Mobiliario Decoración y otro en TuPelu en Elduayen 16.
Esto es lo que nos piden: #ucrania #ayudaucrania #UkraineRussiaWar #HelpUkraine
AYUDA HUMANITARIA PARAUCRANIA
 

La iglesia, el túnel y la bolita del trilero

 
Compartimos este magnífico artigo de Pedro Feijóo. Moi probablemente, os restos da igrexa da Misericordia xa foron arrasados polas excavadoras do túnel.
Andan a marear co atopado, sen falar do xa destrozado, nin do que está por descubrir.

O #ConcelloDeVigo e #AbelCaballero están desprexiando o patrimonio polas présas por construír un túnel innecesario: Está demostrado: chegaba con cortar o tráfico para peonalizar. A obra vai para dous anos e a xente en Vigo adaptouse a non circular en coche pola Porta do Sol.

Deberíase parar este despropósito, e usar a obra para musealizar a muralla, antes de que a destrocen como coa Misericordia.

image0 2

INFORME SOBRE LAS EXCAVACIONES REALIZADAS EN LA CALLE ELDUAYEN

La asociación VH presenta informe sobre las condiciones y resultados de las excavaciones en la calle Elduayen. Entre otras cuestiones, se propone la conservación y musealizacion de los restos, que generen un nuevo recurso cultural en Vigo.

El escrito ha sido compartido con el Seprona y la Brigada de Patrimonio de la Policía Nacional, para que puedan desarrollar las actuaciones que entiendan pertinentes.

Descargar este informe