Festa do Solpor no Paseo de Alfonso
O movemento cidadán Vigo Histórico agradece a asistencia masiva á a festa protesta no Paseo de Alfonso do pasado 29 de agosto, a favor da peonalización integral de Paseo de Alfonso, Elduayen e Pórta do Sol e en contra do proxecto de túnel.
Co nome de Festa do Solpor, o Paseo de Alfonso de Vigo acolleu ou pasado día 29 de agosto unha concentración festiva para opoñerse ao proxecto de peonalización da Porta do Sol coa que pretende unir a rúa Elduayen e Policarpo Sanz mediante un túnel de grande impacto paisaxístico e medioambental
A iniciativa, convocada para as 20:30 horas, foi presentada por Arantxa Treus, seguida da actuación do Su Garrido Pombo. Houbo tamén unha performace na Oliveira da man de Orisel Gaspar e un recital de Silvia Penas, para acabar coa lectura final dun manifesto que podes ler nestas mesmas páxinas.
A praziña da antiga fonte da Falperra, engalanada para ocasión, e a contorna da Oliveira, Paseo de Alfonso, e a Rúa Elduayen deixaban ver o descontento veciñal coa presenza de numerosos carteis de protesta ao considerar que non é necesario o túnel e que a súa construción pode causar perdas irreparables no comercio, así como molestias graves aos veciños, que insisten en que están a favor da peonalización de Porta do Sol, pero sen o soterrado.
Vigo Histórico. Equipo de Comunicación