Cadea humana desde o Sereo á Oliveira do Paseo de Alfonso para rexeitar o túnel de Porta do Sol

“A Oliveira quere unirse co Sereo coas mans da xente, non co fume dos coches” foi o lema dunha cadea humana que uniu a Oliveira do Paseo de Alfonso co Sereo na Porta do Sol reclamando una peonalización total que desbote o proxecto do tunel
O acto, que deu inicio aos actos da Semana de Loita contra o Cambio Climático foi promovido polo movemento de Vigo Histórico e distintos colectivos como Fridays For Future-Vigo, Movemento Galego polo Clima, Vigo sen Bombeiros que comparten a idea de que a cidadanía viguesa merece moito máis que peonalizar solo a porta do sol, e perpetuar a contaminación en Vigo.
Cando todas as vilas de Europa camiñan hacia a retirada dos vehículos dos seus centros urbans, en Vigo estamos a metelos de cheo no corazón da cidade. Dende VigoHistorico pensamos que o proxecto de peonalización da Porta do Sol é unha peonalización ornamental, pero non real, xa que non reduce o tráfico. É máis. Traslada á cidadanía a mensaxe de seguir utilizando o coche particular, cando a mensaxe que pide o planeta é outro: utilizade o transporte público, as bicicletas, camiñade!.
Ademáis do impacto ecolóxico, en VigoHistórico tamén pensamos que se vai botar a perder o Paseo de Alfonso, condenado ao tráfico, cando o que merece é ser completamente peonil. Vaise estragar tamén Elduayen, porque vai estar sucado polas ruidosas ramblas onde entrarán e sairán os coches. E mesmo a peonalización da porta do Sol non vai ser todo o atractiva que debería ser, pois estará deslucida polos ruidos e fumes de vehiculos entrando e saindo do túnel. Para facerse una idea basta con lembrarse do Berbés.
Sen esquencer o impacto no Camiño de Santiago, que pasa xusto por aquí.
Tal como declarou o voceiro de #VigoHistorico "Esta obra é de inicio inminente, pero ainda non comezou. Mentres non haxa túnel hai esperanza. Así que imos xuntarnos todas e todos para unir os dous símbolos da cidade: a Oliveira e e o Sereo, para por en valor o espazo que quedará estragado polo túnel, e para reclamar unha peonización de verdade"
O acto finalizou cunhas significativas palabras dirixidas ao alcalde de Vigo, Abel Caballero: As viguesas e vigueses confiaron masivamente en vostede. É o alcalde coa maoiria máis ampla de todas as cidades de España. A cidadanía viguesa deulle poder absoluto para que nos represente, para que nos goberne, para que nos defenda, pero sobre todo…. para que nos escoite.
Vigo Histórico. Equipo de Comunicación