Escrito de soporte á solicitude de declaración BIC para o Paseo de Alfonso XII de Vigo
Introducción
No seguinte escrito avógase pola declaración do Paseo de Alfonso XII de Vigo como Ben de Interese Cultural (BIC), dotando así ao conxunto da protección necesaria fronte as obras que se están a desenvolver na construción do chamado Barrio do Cura e maila realización do proxecto dun túnel urbano baixo o propio paseo.
O Paseo de Afonso XII é unha vía urbana da cidade de Vigo. Comeza na rúa Elduayen e remata na rotonda onde conflúen as rúas Falperra e Pi y Margall (plano 1). Inaugurouse en 1943 como un bulevar, e leva o nome de Alfonso XII de España. Neste paseo localízase un dos miradoiros (plano 2) máis importantes da cidade, e unha serie de elementos de altísima importancia histórica para a cidadanía de Vigo.
O que se propón para a súa declaración BIC é todo o conxunto urbano delimitado polo Paseo de Alfonso XII: por suposto o miradoiro, pero tamén a arboreda, a fachada arquitectónica da parte E (números impares), a Oliveira de Vigo e o resto de elementos singulares, coa mesma categoría que o propio Casco Vello, “conxunto histórico”.
Entendemos que o recoñecemento individualizado desta zona esixirá a redacción dun Plan Especial específico que, dadas as circunstancias, resulta especialmente urxente.
