VigoHistorico considera que o Túnel na Porta do Sol vai desaproveitar o Camiño de Santiago en Vigo, e incumple a Lei de Patrimonio de Cultural de Galicia
O camiño de Santiago Portugués pola Costa pasa polo Casco Vello de Vigo . O camiño entra por Paseo Alfonso, continúa por Elduayen para despois acceder a Colexiata por Sombrereiros. Pódese comprobar na imaxe de portada na web oficial do camiño de Santiago, e na web da asociación cultural en defensa do patrimonio Amigos de los Pazos
O movemento cidadán #VigoHistorico lamenta profundamente que a construcción do Túnel afee e desvirtúe a entrada do camiño de Santiago no centro de Vigo. Considera que esta non é forma de conservar o patrimonio. Os Peregrinos entrarán no casco vello entre as ramplas de do túnel, creándose unha imaxe da cidade moi pouco atractiva.
VigoHistorico propón a peonalización total do tramo Porta do Sol - Paseo Alfonso, e buscar alternativas máis sostibles para o tráfico. Entre outras moitas vantaxes, esta solución lograría que a entrada do Camiño no centro histórico de Vigo teña moito máis encanto.
O camiño de Santiago está por explotar en Vigo. Consideramos que é un atractivo turístico de primer orde, debido ao auxe do camiño do sur, e ao atractivo paisaxístico que ten a variante da costa. Por tanto, compre que tanto a Xunta como o Concello colaboren para mellorar as indicacións, e non estraguen os pasos con valor patrimonial, como é o de Paseo Alfonso e Elduayen.
Malia que patrimonio da Xunta deu o seu consentimento á construción do túnel, VigoHistorico considera que neste procedemento fallaron os mecanismos de protección do camiño de Santiago. Na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, publicada no DOGA 92 2016/05 recoñécese o camiño de Santiago Portugués pola costa[1], e exprésase claramente que "as obras deben ser compatibles coa conservación e protección dos valores propios" e "manter as características principais do territorio que a conforman".
Está pois recoñecido e documentado que o Camiño de Santiago pasa por Elduayen. Tamén queda claro que, por este motivo, hai que manter o valor propio da rúa. A construción dun túnel da magnitude que pretende o concello, con ramplas que impactan enormemente no percorrido do camiño, claramente contrapón a protección estipulada na Lei de Patrimonio de Galicia. E máis habendo alternativa, que é a de peonalizar todo o tramo.
VigoHistorico pide publicamente á Xunta que reconsidere a aceptación deste proxecto por parte de Patrimonio, e ao concello de Vigo que recapacite e se abra a solucións máis respectuosas co medio ambiente e co patrimonio vigués, xa que aínda é posible.
O movemento seguirá a disposición desta corporación para aportar ideas e alternativas, e tomará as accións necesarias para axudar a facer un Vigo realmente mellor.
Vigo Histórico. Equipo de Comunicación
[1]o BOE referencia -A-2016-5942 recolle a ley de patrimonio galega e no seu Titulo VI. Los Caminos de Santiago. artigo 73. 2 o seguinte: "2. Las rutas principales de los Caminos de Santiago son: el Camino Francés; el Camino del Norte, ruta de la costa y ruta del interior, también conocido como Camino Primitivo o de Ovedo; el Camino Inglés; el Camino de Fisterra y Muxía; el Camino Portugués, interior y de la costa; la Vía de la Plata o Camino Mozárabe; y el Camino de Invierno"