Roteiro polo VigoHistorico

O Colectivo #VigoHistórico ofreceu o sábado 7 de Marzo un roteiro polo casco Vello repasando a historia de Vigo
As numerosas persoas que asistiron descubriron o vasta e denso que é o noso pasado, as civilizacións que se asentaron na nosa vila e as que pasaron por aquí. Fenicios, Castrexos, Romans, Viquingos, Piratas, Franceses, nazis... O Casco vello é testemuña de todas elas.
Dende o Castelo de San Sebastián, Abeleira Menendez, Pinacoteca, Argëlles, Elduayen, Poboadores, Praza Peñasco, Rúa Real, Colexiata, Constitución… Un percorrido cheo de anécdotas e feitos relevantes que forxaron o que é Vigo hoxe en día.
Mostraronse edificios que se perderon, construcción que se están a perder, e espazos que están ameazados por proxectos actuáis, como o túnel, no que so se vai realizar control arqueolóxico do primer metro e medio dende o solo, co risco que elo supón para xacementos arqueolóxicos, ou da propia muralla.
O obxectivo, ademáis de divulgar a importancia da nosa vila, foi dar a coñecer a historia e o patrimonio de Vigo para defendela da súa destrucción a mans do urbanismo, e da ameaza máis apremiante: o proxecto de contrucción de túnel que está a comezar. Porque o que se pode devaluar ou estragar so se valora si se coñece. Mostrar que o Casco Vello, declarado BIC no seu conxunto, ten que permanecer invariable sen cambios sustanciais para non perder a nosa indentidade.
A historiadora Bea Cebrián realizou pequeno repaso por lugares e recunchos fermosos e emblemáticos, espazos que gardan a nosa historia viva. E outros que posiblemente esteamos a piques de perder baixo a pala das excavadoras, por non coñecer a súa existencia.
Coñecer a nosa historia é fundamental para poñelo en valor, concienciarse, e defender o patrimonio das ameazas que o poden devaluar ou eliminar.
Apreciar o valor do noso Casco Vello é vital para querer que se manteña como está, para coidalo, sen máis ataques, sen máis cambios sustanciais dos que no futuro nos arrepentiremos.
Xa pasou no pasado: xa estragamos os soportáis do Berbés, o miradoiro da Pedra, o edificio do hotel Bahia, o Castelo de San Sebastián…
E segue pasando: O Barrio do Cura, a Praza do Peñasco, a adición de novas alturas, rehabilitacións que non respectan o conxunto arquitectónico do casco vello…
E repetirase no futuro. Se non nos concienciamos, e a sociedade civil non o evita, continuarán as desfeitas co Túnel de Elduayen. Porque remata en Elduayen, a Peonalización do Paseo Alfonso que se publicou é un anuncio publicitario, non hai anteproxecto, licitación nin tramitación. Que non se engane ninguén.
Este túnel, ademáis de poner en risco edificios de cimentación antiga, porque non hai espazo físico para facelo, vai dividir definitivamente o Casco Vello en dous. Non deberíamos falar de casco vello alto e baixo, deberíamos falar de casco vello único, e peonil. As ramplas de entrada e saida, que serán de tamaño considerable, xa que queren que pasen os autobuses, van modificar para sempre a faciana deste barrio.
Coa construcción do túnel tamén imos perder todo posible e probable xacemento que se atope no subsolo. Xa que o control arqueolóxico so se vai realizar no primeiro metro e medio de profundidade. Tede claro este punto. Todo resto romano ou da muralla que se atope máis abaixo será levado por diante.
Ademáis, non é necesario para peonalizar a Porta do Sol. VigoHistorico ven de demostralo coa súa proposta de peonalizacíón sen túnel (podedes descargala no noso Facebook). Sostible e respectuosa co patrimonio. Chea de sentido común, de ideas razonables e realizables. Aquí o único que é ciencia ficción, e que choca con respectar o patrimonio é o túnel, como dicía o propio alcalde en 2015.
Por todo isto quixemos que descubrades a nosa historia. Que esteades orgullosas e orgullosos da vosa vila tal e como é, porque ten moito valor. Que vos namoredes do Vigo verdadeiro. Porque solo se defende o que se quere, e para querelo hai que coñecelo. Queremos que Vigo deixe de ser a gran descoñecida para a propia sociedade viguesa. Porque só así se erguerá ante barbaridades como a deste túnel proxectado.
Nin a Xunta, nin o Concello de Vigo fan por divulgar e protexer o noso patrimonio, que é a nosa historia e identidade. Tócanos a nós mostralo para poñelo en valor; para defendelo. Se non o fai a administración, farémolo os colectivos cidadáns e a sociedade civil. Non imos permitir máis desfeitas. Un pobo sen pasado é un pobo sen futuro.
Mentres non hai túnel, hai esperanza. Salvemos o Casco Vello. Non ao Tunel!