Video explicativo sobre a alternativa peonil sen túnel.
O Colectivo VigoHistórico publica un vídeo de seis minutos onde expón a súa idea para a peonalización da Porta do Sol. Sen necesidade de construir ningún túnel.
Consiste nun resumo do seu documento “outros camiños para a peonalización”, no que se demostra que simplemente con vontade politica poderíase abordar este hito da historia de Vigo sen necesidade de construir ningún túnel.
https://www.youtube.com/watch?v=HO-lPcdPuqk
A proba de que se pode tentar son as peonalizacions temporais que está a levar a cabo o propio Concello, de forma acertada, para dar máis espazo a cidadanía no periodo de desescalada do confinamento.
Na situación de pandemia actual, e de crise económica que está por vir, os fondos europeos deberíanse utilizar para incentivar a actividade e non en obras como a do túnel, que precisamente o que vai facer é deter o comercio no centro de Vigo. Non o di VigoHistorico, a propia Federación Española de Municipios e Provincias, presidida por Abel Caballero, na súa xunta de portavoces afirma que deben promover cambios nos obxectivos dos proxectos EDUSI para dedicalos a loita contra o COVID-19 e reactivar a economía.
Podemos usar como espello o proceso que se fixo en outras vilas de Europa, e en outras non tan loxanas, nas que a cidadanía acaba acostumandose a usar o coche só para o imprescindible. Esta redución de tráfico, ainda que nun principio pode xerar rexeitamento nalgúns sectores, finalmente acaba sendo aceptado e apoiado pola gran maioría. Os resultados son magnificos: gañanse as rúas para a xente, reducense fumes e ruidos, e as vilas convirtense nun lugar moito máis habitable.
Pola contra, o túnel, ademáis de poner en risco o patrimonio e a gran cantidade de restos arqueolóxicos da zona (que deberían ser mostrados, non tapados), o que fai e profundizar na cultura do coche. Vai xusto no senso contrario ao que o planeta necesita. Pode parecer a forma máis doada de peonalizar a Porta do Sol, pero non vai ser o mellor para Vigo. Fan falla administracións valentes e audaces que aposten por quitar coches do centro das cidades, non por escondelos en túneles.