Lectura reivindicativa de Vigo Histórico na rúa Elduayen

O pasado día 29 de Xuño as 19.00 horas, #VigoHistorico, aproveitando que o tráfico estaba cortado, fixo unha "quedada de lectura" no medio de Elduayen. O obxectivo de dita acción era mostrar que se pode facer uso da rúa dun xeito distendido sen colapsar Vigo e desde logo sen necesidade de facer ningún túnel. Isto é una realidade contrastada nestas semanas, nas que a porta do Sol está cortada, e non se perciben atascos.

Vigo Histórico entende que o moderno e sostible é ampliar os espazo peonís reducindo o tráfico, e non perpetuándoo cun túnel.
A proposta de #VigoHistorico é facer peonalización gradual, mantendo o transporte público excepto nos fines de semana ou festivos, como paso previo a peonalización total. Por ese motivo consideramos necesario reconducir o uso dos fondos EDUSI do túnel na recuperación económica, na liña dos novos obxectivos da Unión Europea en tempos de pandemia, e non poñer en risco o casco vello e o patrimonio cultural da cidade´.

Axuda a  mellorar  Vigo

Pensamos que o proxecto de peonalización da Porta do Sol pode sacrificar a paixase do Vigo Central en lugares como Policarpo Sanz, a Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso e afear o Vigo Histórico.

Por ese motivo, despóis de estudar con rigor o o tema da peonalización, e o proxecto convidámosche a que te dirixas ao Alcalde de Vigo  en change. org solicitando a revisión e/ou cancelación do proxecto actual na intención de dar pulo a otro máis amplo e mellor concebido.