A poboación votou e xa temos opción gañadora
A Asociación pola defensa do Patrimonio Histórico de Vigo, Vigohistórico, ven de desenvolver unha campaña en redes para nomear unha parte importante da nosa cidade, como é a praza situada na confluencia das rúas Ferrería, Santiago, Elduayen e o Paseo de Alfonso, xusto fronte á Oliveira de Vigo.
Esta praza, presente na nosa paisaxe urbana dende hai mais de cen anos, sorprendentemente carece de nome. Por eso, a nosa Asociación ten posto en marcha unha consulta popular en redes que, tras diferentes propostas, tivo como resultado que a maioría dos veciños de Vigo participantes consideran que esta praza debe ser chamada “PRAZA DA OLIVEIRA”. Así o considera o 83% doa participantes en Twitter e o 53% de Facebook.
Da importancia de este elemento urbano, da fé que sexa a confluencia de catro das mais antigas e históricas rúas de Vigo, como son Ferrería, Santiago, Elduayen e o Paseo de Alfonso e que contña elementos valiosos do noso patrimonio, como é a fonte monumental no centro da praza.
Como todos sabemos o que non se nomea non existe. Esta debe ser a razón da pouca atención e coidado que lle teñen dado as sucesivas corporacións municipais, a pesar de ser un espazo moi usado e apreciado polos veciños de Vigo e visitantes en xeral. Agora, o Concello ten posto en marcha unha obra de re acondicionamento dunha parte desta praza sen nome.
Dende a Asociación Vigohistórico, queremos facer chegar ao Concello polas canles oficiais dúas peticións:
- Que se nomee a praza como PRAZA DA OLIVEIRA, segundo o resultado da consulta popular, e que ese nome pase a ser parte do rueiro da cidade.
- Que a fonte monumental que preside a praza volva a ser funcional, con auga, para desfrute dos veciños e visitantes.
- Que aproveitando as obras, a praza recupere o aspecto que tiña desde que se construíu, con un chan de pedra, como estaba, e con árbores ao redor da fonte.
Só nos queda facer chegar esta iniciativa oficialmente ao Concello e esperar a que en breve teñamos unha fonte con auga nunha praza renovada.
 
                                            