A Fiscalía Provincial de Pontevedra ven de abrir expediente polo que se inician as dilixencias de investigación penal sobre as obras do túnel de Elduayen

A Fiscalía Provincial de Pontevedra ven de abrir expediente polo que se inician as dilixencias de investigación penal sobre as obras do túnel de Elduayen. Trátase dunha actuación de oficio da Fiscalía ao ter coñecemento de presuntas irregularidades no proxecto do túnel. Tras a apertura destas dilixencias, o expediente remítese á Fiscalía da área de Vigo para que continúe a investigación.

As investigacións teñen a súa orixe no escrito remitido pola Asociación Profesional de Conservadores-Restauradores de España ( ACRE) o día 28 de febreiro de 2020 ao ACRE ao Alcalde de Vigo, á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e á Fiscalía Provincial de Pontevedra en relación ao proxecto de"  "Proxecto de soterramento do tráfico rodado dá Porta do Sol e humanización e transformación peonil dá actual rede viaria.

Na devandita carta a asociación manifesta que o proxecto producirá un dano irreversible no patrimonio construído e arqueolóxico, e o valor do conxunto do BIC Casco Vello de Vigo. Tamén entende que a “Dirección de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia debería cuestionar no seu momento a pertinencia dun proxecto que excede as previsións contidas no PEPRI”, e mesmo considera que se debería esixir ao Concello de Vigo a redacción dun novo Plan Especial acorde á lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

ACRE solicita que a DXPC dite “unha nova resolución e ordene a paralización da execución do proxecto”, ou se implemente calquera outra iniciativa que, alcanzando os obxectivos de peonalización, garanta a protección do BIC. Como sabedes, Vigo Histórico denunciou a ilegalidade desta obra e o impacto negativo que vai ter para os vigueses e o seu patrimonio. É por iso que apoiamos a iniciativa de ACRE e convidamos os vigueses a participar nas mobilizacións que convocaremos proximamente. 

 

Axuda a  mellorar  Vigo

Pensamos que o proxecto de peonalización da Porta do Sol pode sacrificar a paixase do Vigo Central en lugares como Policarpo Sanz, a Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso e afear o Vigo Histórico.

Por ese motivo, despóis de estudar con rigor o o tema da peonalización, e o proxecto convidámosche a que te dirixas ao Alcalde de Vigo  en change. org solicitando a revisión e/ou cancelación do proxecto actual na intención de dar pulo a otro máis amplo e mellor concebido.