Axúdasnos?

  • O Concello nunca escoitou as propostas de #PeonalizaciónSenTunel da Porta do Sol que prantexaron @s vexiñ@s.
  • Non quedou outra que acudir o xulgado para defender o noso barrio.
  • Os xuíces rexeitaron sen contestar e obrigannos a pagar as costas.
  • O esforzo non foi en balde. A presión cidadá salvou o Paseo de Alfonso, e será peonil.
  • Non somos señorit@s. Somos xente que sufre a crise coma o resto, e que ten que afrontar o prezo de loitar por un #VigoSenFumes que respecte a sua historia

Se queres aportar (5€, 10, 20€... toda axuda é benvida) podes facer un bizum (ONG) co codigo 05477 ou ingreso na conta ES32 2080 0552 0830 4001 4941.

Os cartos que falten teremos que poñelos @s veciñ@s. Se sobra, utilizaremolo para axudar a outros movementos cidadáns que loiten por Vigo.

Grazas!!! 

Quén somos

En datas próximas  dará comezo no centro de Vigo unha importante obra de tunelación que alterará de forma irreversible a morfoloxía do Centro de Vigo -Policarpo Sanz, Porta do Sol, Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso- afeando el Vigo Histórico.

O proxecto, concebido cunha mentalidade arcaica e en contradicción coas novas tendencias de mobilidade e baixas emisión da Unión Europea, no so afeará á cidade con enormes ramblas nas tres  bocas do tunel, senón que dificultará vida cotiá dos veciños e comerciantes da Zona vella , e o movemento de persoas -cabalga de reis...- e levantará un muro entre casco vello alto e baixo en Elduayen perxudicando a circulación de persoas con mobilidade reducida, turistas, e transportistas.

Por ese motivo, un colectivo de persoas realmente coñecedores do proxecto dirixíronse ao alcalde de vigo  a traves de changue. org solicitando que atenda unha razoada petición de revisión e/ou cancelación do proxecto do túnel que podes estudar e asinar pulsando o seguinte botón

Noticias e debate en VigoHistorico

En Vigohistorico queremos aproveitar a oportunidade que xurde coa iniciativa de peonalización da Porta do Sol e a desfeita que pode implicar o actual proxecto do tunel para xerar opinión e debate.

 Por iso, o sitio web vigohistorico.org dispón dun blogue que tenta dar cabida tanto a declaracións oficiais do noso movemento, asinadas como #VigoHistórico, como as aportacións ao debate dos seus membros ou terceiros que participen dos obxectivos da nosa asociación. 

PROPOSTAS DE VIGOHISTÓRICO SOBRE O FUTURO DO TEATRO CINE FRAGA

En resposta á amable invitación recibida, desde Vigohistórico desexamos facer chegar as nosas suxestións en relación aos posibles usos futuros do Teatro Cinema Fraga.
A idea principal e unánime é unha rotunda negativa a converter o Teatro Fraga noutro “contedor” de eventos diversos sen máis, baleiro de alma e participación. Pola contra, sería desexable recuperar o Teatro Fraga para a cidadanía viguesa, como o espazo central da (hoxe
concisa) actividade cultural en Vigo.
En esencia propoñemos que o Teatro configúrese como un espazo de expresión e desenvolvemento das Artes Escénicas, con total apertura de miras e seguindo exemplos como o Teatro Rívoli do Porto, o Teatro Central de Sevilla ou La Casa Encendida de Madrid. Por
suposto, sen renunciar á programación de espectáculos externos, pero tamén como xerme e escaparate da creación local.
 
Para ese fin, e cun carácter inicial, podería suxerirse a xeración de:
  • Un espazo de fomento da creación local en calquera ámbito das artes escénicas: teatro, música, ópera e danza;
  • Un espazo de reflexión e estudo, quizá a través da invitación de artistas ou entidades sobresalientes do sector;
  • Un espazo de creación e colaboración con outras entidades (conservatorio, ESAD, EMAO, Escola Municipal de Teatro etc.)/ etc.);
  • Un espazo de fomento doutras actividades vinculadas á escena: decorados, atrezo, maquillaxe, vestiario etc.;
  • Un espazo de ensaio de agrupacións musicais, grupos de teatro etc.; coa posibilidade de convertelo en sede dalgunha delas;
  • Un espazo de encontro e colaboración interxeracional, para os amantes das artes escénicas;
  • Un espazo para situar a sede sur da Filmoteca de Galicia, aproveitando a excepcional acústica da sala principal para a proxección de películas, con música en directo cando fose posible;
  • Un espazo, como se ve, de interacción e procura de sinerxias entre cidadanía, artistas e entidades.
Para a consecución de tan amplos e ambiciosos obxectivos, entendemos necesario o nomeamento dun comité profesional que sente as bases da súa xestión e programación, buscando a permanencia e continuidade no tempo. E, quizá, un xurado que seleccione unha
persoa directora. Nesta liña, calquera suxestión de organización (fundación, etc.) que permita afastar a vida do Teatro Fraga de avatares políticos redundará na súa consolidación como espazo de referencia das artes no sur de Galicia.
En Vigo, a 19 de Setembro de 2024
 
PD. Xa por último, dúas peticións menores. Unha, a recuperación (e homenaxe) aos carteis (e cartelistas) que decoraban a fachada do Teatro Cinema Fraga. E tamén un recordo a D. Isaac Fraga e D. Cesáreo González, quizá na denominación das salas principais do Teatro.

Sentenza 00255/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do contencioso-administrativo. Sección segunda. Procedemento ordinario 4008.2021

Para o coñecemento do público en xeral e na intención de achegar unha maior transparencia aos nosos asociados e simpatizantes achegamos o pdf da sentenza 00255/2022 que desestima o recurso da nosa asociación e lembramos que:

  • O Concello nunca escoitou as propostas de #PeonalizaciónSenTunel da Porta do Sol que prantexaron @s vexiñ@s.
  • Non quedou outra que acudir o xulgado para defender o noso barrio.
  • Os xuíces rexeitaron sen contestar e obrigannos a pagar as costas.
  • O esforzo non foi en balde. A presión cidadá salvou o Paseo de Alfonso, e será peonil.
  • Non somos señorit@s. Somos xente que sufre a crise coma o resto, e que ten que afrontar o prezo de loitar por un #VigoSenFumes que respecte a sua historia

Se queres aportar (5€, 10, 20€... toda axuda é benvida) podes facer un bizum (ONG) co codigo 05477 ou ingreso na conta ES32 2080 0552 0830 4001 4941.

Os cartos que falten teremos que poñelos @s veciñ@s. Se sobra, utilizaremolo para axudar a outros movementos cidadáns que loiten por Vigo.

Grazas!!! 

 Descargar pdf

 

¡¡AYUDA a UCRANIA!!

Hoy Vigohistorico no os va a hablar del túnel,si no de Ucrania.
Fundiciones Rey de Villagarcía está llenando trailers con ayuda y Vigohistorico organiza 2 puntos de recogida,uno en Torrecedeira 89 en la tienda Recó Mobiliario Decoración y otro en TuPelu en Elduayen 16.
Esto es lo que nos piden: #ucrania #ayudaucrania #UkraineRussiaWar #HelpUkraine
AYUDA HUMANITARIA PARAUCRANIA
 

La iglesia, el túnel y la bolita del trilero

 
Compartimos este magnífico artigo de Pedro Feijóo. Moi probablemente, os restos da igrexa da Misericordia xa foron arrasados polas excavadoras do túnel.
Andan a marear co atopado, sen falar do xa destrozado, nin do que está por descubrir.

O #ConcelloDeVigo e #AbelCaballero están desprexiando o patrimonio polas présas por construír un túnel innecesario: Está demostrado: chegaba con cortar o tráfico para peonalizar. A obra vai para dous anos e a xente en Vigo adaptouse a non circular en coche pola Porta do Sol.

Deberíase parar este despropósito, e usar a obra para musealizar a muralla, antes de que a destrocen como coa Misericordia.

image0 2

INFORME SOBRE LAS EXCAVACIONES REALIZADAS EN LA CALLE ELDUAYEN

La asociación VH presenta informe sobre las condiciones y resultados de las excavaciones en la calle Elduayen. Entre otras cuestiones, se propone la conservación y musealizacion de los restos, que generen un nuevo recurso cultural en Vigo.

El escrito ha sido compartido con el Seprona y la Brigada de Patrimonio de la Policía Nacional, para que puedan desarrollar las actuaciones que entiendan pertinentes.

Descargar este informe

Por un corazón de Vigo sen novas feridas: outros camiños para a peonalización da Portal do Sol

Hai moitos motivos para afirmar que a unha peonalización da Porta do Sol sen túnel é moito máis beneficiosa que con túnel: a calidade do aire, a sostenibilidade, adiantarse a cumprimento de normativas da axenda 2030, a posta en valor do Paseo Alfonso XII e do Camiño de Santiago, o respecto a edificios BIC, evitar o efecto antiestético das ramplas, a reunificación real do Casco Vello..

Por iso, dende VigoHistorico , pensamos que paga a pena tentalo e Por iso, dende VigoHistorico propoñemos unha peonalización gradual, que restrinxa primeiro os vehículos particulares e afaga , á cidadanía a usar menos o coche propio, reforze o transporte público, os carrís bici e introduza na cidade conceptos como as” vías de espazo compartido". A nosa proposta é converter o eixe Porta do Sol - Paseo Alfonso nunha plataforma flexible de uso múltiple, cara a peonalizar completamente a zona. Agardamos que este documento sirva para concienciar sobre a conveniencia de explorar outros camiños cara a peonalización da Porta do Sol.

Descargar este informe