Axúdasnos?

  • O Concello nunca escoitou as propostas de #PeonalizaciónSenTunel da Porta do Sol que prantexaron @s vexiñ@s.
  • Non quedou outra que acudir o xulgado para defender o noso barrio.
  • Os xuíces rexeitaron sen contestar e obrigannos a pagar as costas.
  • O esforzo non foi en balde. A presión cidadá salvou o Paseo de Alfonso, e será peonil.
  • Non somos señorit@s. Somos xente que sufre a crise coma o resto, e que ten que afrontar o prezo de loitar por un #VigoSenFumes que respecte a sua historia

Se queres aportar (5€, 10, 20€... toda axuda é benvida) podes facer un bizum (ONG) co codigo 05477 ou ingreso na conta ES32 2080 0552 0830 4001 4941.

Os cartos que falten teremos que poñelos @s veciñ@s. Se sobra, utilizaremolo para axudar a outros movementos cidadáns que loiten por Vigo.

Grazas!!! 

Quén somos

En datas próximas  dará comezo no centro de Vigo unha importante obra de tunelación que alterará de forma irreversible a morfoloxía do Centro de Vigo -Policarpo Sanz, Porta do Sol, Rúa Elduayen e Paseo de Alfonso- afeando el Vigo Histórico.

O proxecto, concebido cunha mentalidade arcaica e en contradicción coas novas tendencias de mobilidade e baixas emisión da Unión Europea, no so afeará á cidade con enormes ramblas nas tres  bocas do tunel, senón que dificultará vida cotiá dos veciños e comerciantes da Zona vella , e o movemento de persoas -cabalga de reis...- e levantará un muro entre casco vello alto e baixo en Elduayen perxudicando a circulación de persoas con mobilidade reducida, turistas, e transportistas.

Por ese motivo, un colectivo de persoas realmente coñecedores do proxecto dirixíronse ao alcalde de vigo  a traves de changue. org solicitando que atenda unha razoada petición de revisión e/ou cancelación do proxecto do túnel que podes estudar e asinar pulsando o seguinte botón

Noticias e debate en VigoHistorico

En Vigohistorico queremos aproveitar a oportunidade que xurde coa iniciativa de peonalización da Porta do Sol e a desfeita que pode implicar o actual proxecto do tunel para xerar opinión e debate.

 Por iso, o sitio web vigohistorico.org dispón dun blogue que tenta dar cabida tanto a declaracións oficiais do noso movemento, asinadas como #VigoHistórico, como as aportacións ao debate dos seus membros ou terceiros que participen dos obxectivos da nosa asociación. 

Lectura reivindicativa de Vigo Histórico na rúa Elduayen

O pasado día 29 de Xuño as 19.00 horas, #VigoHistorico, aproveitando que o tráfico estaba cortado, fixo unha "quedada de lectura" no medio de Elduayen. O obxectivo de dita acción era mostrar que se pode facer uso da rúa dun xeito distendido sen colapsar Vigo e desde logo sen necesidade de facer ningún túnel. Isto é una realidade contrastada nestas semanas, nas que a porta do Sol está cortada, e non se perciben atascos.

Vigo Histórico entende que o moderno e sostible é ampliar os espazo peonís reducindo o tráfico, e non perpetuándoo cun túnel.
A proposta de #VigoHistorico é facer peonalización gradual, mantendo o transporte público excepto nos fines de semana ou festivos, como paso previo a peonalización total. Por ese motivo consideramos necesario reconducir o uso dos fondos EDUSI do túnel na recuperación económica, na liña dos novos obxectivos da Unión Europea en tempos de pandemia, e non poñer en risco o casco vello e o patrimonio cultural da cidade´.

A Fiscalía Provincial de Pontevedra ven de abrir expediente polo que se inician as dilixencias de investigación penal sobre as obras do túnel de Elduayen

A Fiscalía Provincial de Pontevedra ven de abrir expediente polo que se inician as dilixencias de investigación penal sobre as obras do túnel de Elduayen. Trátase dunha actuación de oficio da Fiscalía ao ter coñecemento de presuntas irregularidades no proxecto do túnel. Tras a apertura destas dilixencias, o expediente remítese á Fiscalía da área de Vigo para que continúe a investigación.

As investigacións teñen a súa orixe no escrito remitido pola Asociación Profesional de Conservadores-Restauradores de España ( ACRE) o día 28 de febreiro de 2020 ao ACRE ao Alcalde de Vigo, á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e á Fiscalía Provincial de Pontevedra en relación ao proxecto de"  "Proxecto de soterramento do tráfico rodado dá Porta do Sol e humanización e transformación peonil dá actual rede viaria.

Na devandita carta a asociación manifesta que o proxecto producirá un dano irreversible no patrimonio construído e arqueolóxico, e o valor do conxunto do BIC Casco Vello de Vigo. Tamén entende que a “Dirección de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia debería cuestionar no seu momento a pertinencia dun proxecto que excede as previsións contidas no PEPRI”, e mesmo considera que se debería esixir ao Concello de Vigo a redacción dun novo Plan Especial acorde á lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia.

ACRE solicita que a DXPC dite “unha nova resolución e ordene a paralización da execución do proxecto”, ou se implemente calquera outra iniciativa que, alcanzando os obxectivos de peonalización, garanta a protección do BIC. Como sabedes, Vigo Histórico denunciou a ilegalidade desta obra e o impacto negativo que vai ter para os vigueses e o seu patrimonio. É por iso que apoiamos a iniciativa de ACRE e convidamos os vigueses a participar nas mobilizacións que convocaremos proximamente. 

 

Video explicativo sobre a alternativa peonil sen túnel.

O Colectivo VigoHistórico publica un vídeo de seis minutos onde expón a súa idea para a peonalización da Porta do Sol. Sen necesidade de construir ningún túnel. 

Consiste nun resumo do seu documento “outros camiños para a peonalización”, no que se demostra que simplemente con vontade politica poderíase abordar este hito da historia de Vigo sen necesidade de construir ningún túnel. 

https://www.youtube.com/watch?v=HO-lPcdPuqk

Ler máis

A Fonte de Neptuno

 Seguindo con ese Vigo que estamos a descubrir... Sabes onde estaba o manancial monumental máis antigo de Vigo?  Pois estaba na Porta do Sol, xusto no extremo oposto á capela da Misericordia.

Din as crónicas que había alí unha fonte de auga potable, lugar de reunión dos cidadáns. Sitúana entre os edificios Pardo Labarta e Ledo. Xunto coa que había na praza próxima chamada do "Angelote" hoxe Princesa, eran as únicas aptas para o consumo na vila.

Ler máis

Historias á sombra dunha Oliveira. Capítulo I: Do Paleolítico aos Castros Capítulo 1

Mámoa de San Cosme. Vigo

Pódese visualizar  en Youtube o primeiro capítulo da serie "historias a la sombra de un olivo", no que #VigoHistorico repasa a historia da nosa vila.

Este primeiro episodio comprende os pasos que deu Vigo entre o Paleolítico e os Castrexos.

Se as autoridades non intentan que coñezamos o noso pasado e o noso patrimonio, é a cidadanía a que ten que difundilo e poñelo en valor.

https://www.youtube.com/watch?v=aMoaVgAd98E

Ler máis

Primeiro roteiro "Vigo, a gran descoñecida"

O Colectivo #VigoHistórico ofreceu este sábado un roteiro polo casco Vello repasando a historia de Vigo”. Podes ver un resume en Youtube. Ao redor de 500 persoas que asistiron descubriron o vasta e denso que é o noso pasado, as civilizacións que se asentaron na nosa vila e as que pasaron por aquí. Fenicios, Castrexos, Romans, Viquingos, Piratas, Franceses, nazis... O Casco vello é testemuña de todas elas. Dende a Praza do Rei, Castelo de San Sebastián, Abeleira Menendez, Pinacoteca, Calatrava, Argëlles, Elduayen… Un percorrido cheo de anécdotas e feitos relevantes que forxaron o que é Vigo hoxe en día. Mostraronse edificios que se perderon, construcción que se están a perder, e espazos que están ameazados por proxectos actuáis, como o túnel, no que so se vai realizar control arqueolóxico do primer metro e medio dende o solo, co risco que elo supón para xacementos arqueolóxicos, ou da propia muralla. O obxectivo, ademáis de divulgar a importancia da nosa vila, foi dar a coñecer a historia e o patrimonio de Vigo para defendela da súa destrucción a mans do urbanismo, e da ameaza máis apremiante: o proxecto de contrucción de túnel que está a comezar. Porque o que se pode devaluar ou estragar so se valora si se coñece. Mostrar que o Casco Vello, declarado BIC no seu conxunto, ten que permanecer invariable sen cambios sustanciais para non perder a nosa indentidade. A historiadora Bea Cebrián realizou pequeno repaso por lugares e recunchos fermosos e emblemáticos, espazos que gardan a nosa historia viva. E outros que posiblemente esteamos a piques de perder baixo a pala das excavadoras, por non coñecer a súa existencia. ¡Séguenos nas nosas redes!
¡Infórmate!